A impresión Offset é o sistema de impresión de referenza para grandes tiradas e traballos de alta calidade, á diferenza da impresión dixital ésta utiliza tinta e non entra en contacto con calor polo que o material apenas sufre deformacións.
Facemos orzamentos para cada traballo a medida xa que entran multitude de factores a valorar que fan que cada traballo sexa diferente ó anterior (tamaño, tipo de papel, tintas, acabados, etc.)
Vantaxes
- Tiradas grandes; neste tipo de impresión non hai límite de exemplares, canto maior é a tirada menor é o prezo unitario
- Trato do material: neste sistema o material sempre sae gañando con respecto ao dixital xa que a tinta e o non utilizar calor axudan a non danar o material que se vai imprimir
- Mejores acabados: Los trabajos ajustan mejor el anverso y reveso debido a que se utiliza un registro mecánico y a la hora del corte no hay problemas de impresiones descentradas.
Impresión Dixital
¿Qué é?
A impresión dixital está a evolucionar no mercado debido á versatilidade que ofrece xa que ofrece prezos reducidos con tiradas curtas, o que permite a particulares e empresas variar con fluidez o deseño ou os datos do traballo.
Actualmente a calidade das impresións foi evolucionando a ritmos axigantados polo que podemos definila como rápida, económica e de boa calidade.
Vantaxes
- Tiradas curtas; ofrece a posibilidade de imprimir dende 1 exemplar do traballo que desexes
- Rapidez; é a forma máis rápida de impresión debido a que non se necesita dunha forma impresora nin unha posta a punto de máquina de longa duración
- Dato variable: permite a personalización dos datos do produto, como poden ser, invitacións, carnés, dorsais, etc.
- Soportes variados: permite imprimir en papel pero tamén imáns, adhesivo, pvc, vinilo,etc.
Acabados
Tipos
Tipos de encadernación: Wire-O, Espiral, Cola Pur, Cola Holt Melt, grapado, cosido
Troquelados, perforados, encolados, laminados, etc.